O obradoiro levarase a cabo durante o mes de maio na Casa do Conde.
O Concello de Salvaterra de Miño que ven de organizar o curso de defensa personal para mulleres durante o mes de marzo e leva a cabo un obradoiro de teatro en igualdade nos vindeiros meses continúa coa programación de actividades para mulleres dentro das accións planificadas pola Concellería de Igualdade e enmarcadas na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. Nesta ocasión presenta un obradoiro de Mindfulness e intelixencia emocional dirixido a mulleres no cal o obxectivo é aumentar o benestar psicolóxico e reducir o estrés a través do mindfulness e a intelixencia emocional con formación, actividades, exercicios individuais e grupais, discusións e prácticas. A práctica regular do mindfulness é unha ferramenta que axuda a tomar decisións máis conscientes, reducir a reactividade emocional, aumentar a claridade mental e mellorar a calidade das relacións. O curso que se levará a cabo os sábados 10, 17 e 24 e 31 do mes de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas na Casa do Conde no recinto amurallado é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 629 770 177.