O Concello deSalvaterra de Miño ven de asinar un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra, para levar a cabo, dentro do seu termo municipal, as actuacións recollidas no “+Rueiro: proxecto de transformación dixital e modernización para levar a cabo o censo de vivendas dos municipios da provincia de Pontevedra”
IMPORTE DA SUBVENCIÓN: 26.625,84 €
+Rueiro: Proxecto de transformación dixital e modernización para levar a cabo o censo de vivendas dos municipios da provincia de Pontevedra”, que conta cun financiamento do 100% da Unión Europea, a través da convocatoria de axudas impulsadas polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática a entidades locais para proxectos de transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais.