CaminoSantiagoDespois do éxito da pasada edición con preto de 100 participantes, o Concello de Salvaterra de Miño levará cabo Salvaterra no Camiño! nesta ocasión o trazado elexido será o Portugués. O Camiño Portugués terá saída en Tui ou Porriño, será elección de cada peregrino, e rematará en Santiago de Compostela. Serán un total de 5 etapas que comezarán o mércores 16 de abril e rematarán o domingo 20 de abril, datas que coinciden coa Semana Santa. Nos vindeiros días anunciarase vías de comunicación e inscrición todas aquelas persoas interesadas en realizar o Camiño de Santiago. Quedades tod@s convidad@s!!