A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño conta xa cun sistema de acceso autónomo a través de tarxeta que permitirá ós usuarios e usuarias facer uso das instalacións nun horario ampliado. A través deste sistema novo e pioneiro na nosa contorna aquelas persoas que precisen estudar ou facer uso do espazo poderán facelo accedendo ó espazo cunha tarxeta que previamente deberán solicitar. A Biblioteca Municipal que nos últimos meses rexistraba un aumento de usuarios chegando ós 800 no final do pasado ano, contará dende agora cun horario de luns a venres de 08:00 a 22:00 horas e as fins de semana de 08:00 a 00:00 horas. Deste xeito facilítase ós usuarios a utilización das instalacións cunha amplitude de horario maior. Aquelas persoas que queiran solicitar a tarxeta de acceso á Biblioteca poderán facelo a través do formulario que atoparán na páxina web ou ben solicitando dito impreso no propio Concello. Unha vez cuberto deberán presentalo por rexistro ou a través da sede electrónica. Posteriormente entregarase a tarxeta a cada usuario ou usuaria. A implantación deste novo sistema supón unha nova aposta do Concello de Salvaterra de Miño por un espazo que se inaugurou en 2022 e que manisfestou un incremento de servizos e actividades, e en consecuencia de visitas, para que a Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño sexa un lugar para todas e todos.

27 02 25 Sistema autónomo Biblioteca

 

iconoPDFSOLICITUDE TARXETA BIBLIOTECA MUNICIPAL.