O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe de técnicas de proteción e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de situacións de perigo. Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. O curso que se levará a cabo os sábados 8, 15, 22 e 29 do mes de marzo en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 699 102 727.

14 02 25 Cartel Curso Defensa Personal 202514 02 25 Curso Defensa Personal 2