O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan Máis Provincia 2025, da Deputación de Pontevedra, a contratación de 17 persoas por un importe de máis de 222.000 euros. Os postos a cubrir serán de peón forestal, conductor de camión, peón de limpeza, varredor, fontaneiro, axudante de recollida de basura, oficial albanel, informador turístico, bibliotecario e cobrador. A pretensión do Concello é empezar a cubrir os diferentes postos a partires de marzo paulatinamente, xa que as prazas van dende os 10 meses ata os 4, dependendo do posto. O Concello de Salvaterra de Miño destaca que con este tipo de programas e contratación búscase xerar emprego e por outra parte reforzar os diferentes departamentos municipais como poden ser obras, turismo e o servizo de biblioteca.