O CONCELLO DE SALVATERRA INICIA A OBRA DE MELLORA EN REGUEIRAS E AS SANTAS (OLEIROS) FINANCIADA A TRAVÉS DO PLAN CAMIÑOS 2024-2025

Esta semana iniciaronse as obras de mellora de viais dentro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 financiado a través do Plan Camiños, tramitado a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao amparo do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020 por un importe de 54.090,44€ (a dividir en dous anos) asumindo o Concello a cantidade restante de 11.358,99€. O Concello segue traballando no Plan de mellora da súa rede viaria, neste caso as obras consisten na mellora de drenaxe e na pavimentación dos dous viais que proporcionan acceso ás Regueiras e As Santas, ambos na parroquia de Oleiros. Proponse executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, co obxecto de mellorar a calidade e seguridade dos viais, ademais da execución dun tramo de cuneta revestida de formigón no camiño en Regueiras, así como varias canalizacións enterradas de PVC cas súas correspondentes arquetas de Rexistro nas dúas actuacións, de forma que se proporcione unha adecuada solución á evacuación das augas procedentes da chuvia.

27 11 24 As Santas e Regueiras 127 11 24 As Santas e Regueiras 2