Este pasado xoves remataron os cursos de dixitalización aplicada na nova aula da Casa Cultura de Salvaterra de Miño. En total foron 75 alumn@s que a través dunha formación de 30 horas de duración aprenderon a identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais, avaliando a súa finalidade e relevancia para as distintas tarefas profesionais. O alumnado que participou nas formacións valorou positivamente este espazo que posibilita que adquirir coñecementos que son decisivos hoxe en día para manter a empregabilidade e dotar de ferramentas tecnolóxicas que permitan afrontar as necesidades do mercado. Recordamos que foi a principios deste ano cando o Concello de Salvaterra de Miño entrou a a formar parte da Rede Estatal de Centros de Capacitación Dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia Financiado pola Unión Europea Next Generation EU e que busca crear unha rede estatal de centros de capacitación dixital, no ámbito do Sistema de Formación Profesional, en entidades locais, que se integrará como parte da rede estatal de centros de capacitación dixital.

08 11 24 Cursos Dixitalización