ImportanteSon moitas as persoas, empresas e institucións que queremos axudar a todas as persoas damnificadas por esta catástrofe sen precedentes no noso país.

Pero dende os propios Concellos e a FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS fan un chamamento  para que as administracións coordinen de xeito organizado a axuda.

Por un lado a FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS pide novamente, dado os problemas de loxística e almacenamento, se prioricen as donacións económicas ás organizacións que están traballando nas zonas afectadas.

Por outra banda, todas aquelas persoas que queiran DONAR ALIMENTOS non perecedeiros PODERÁN FACELO NO CONCELLO, unha vez recollido seguiremos as indicacións da FEMP para envialo de xeito coordinado entre todos e cun destino concreto, tal e como nos piden.

 

Imagen1Imagen2