- A delegada territorial, Ana Ortiz, e a alcaldesa, Marta Valcárcel, visitaron este mércores a zona que será obxecto de mellora.

  - A actuación inclúe a mellora do firme, unificación dos accesos aos garaxes e ancho das beirarrúas, así como novos sumidoiros, iluminación e arboredo.

 - A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, realizaron este mércores unha visita ao inicio da obra de humanización da rúa Miño, que será reformada nos vindeiros meses para levar a cabo unha mellora das beirarrúas, calzada, rede de saneamento, alumeado público e arboredo.

 

A representante autonómica destacou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, licitou o pasado mes de maio a obra “Conexión da ponte internacional coa PO-510 (Salvaterra de Miño)”. “Hoxe iniciamos a obra, que conta cun orzamento de preto de de 500.000 euros, co obxectivo de dispoñer de estradas e rúas máis seguras, accesibles e funcionais neste municipio e así avanzar na ordenación da rede viaria autonómica, que ten a singularidade de canalizar a conexión con Portugal”, sinalou Ana Ortiz.

Pola súa banda, Marta Válcarcel sinalou que “se trata dunha obra moi necesaria e moi demandada por parte do Concello que foi atendida por parte da Xunta, polo que estamos moi satisfeitos”. A actuación céntrase nun treito de algo máis de 350 metros, o que vai desde a rúa Rosalía de Castro ata a rúa Fontoura, cun prazo de execución dos traballos de seis meses, onde se amplían os carrís, a zona de apartcamento, cambiase o alumeado e arboado, ademáis de renovar a capa de rodadura, arquetas e entradas de garaxes.

foto1foto2foto3