O CONCELLO DE SALVATERRA SACA A CONTRATACIÓN OBRAS DE SANEAMENTO EN CANTALARRANA E OS LAMEIROS POR UN IMPORTE DE 57.634,16 EUROS.
Inícianse os tramites de licitación das obras de saneamento en Cantalarrana na parroquia de Lourido e Os Lameiros en Cabreira, obras de máis de 57.000,00€ financiadas a través do Plan + Provincia da Deputación Provincial. Con estas obras, e dentro do plan de mellora da rede de saneamento, o Concello de Salvaterra de Miño busca seguir mellorando e ampliando o servizo de saneamento municipal. En total 420 m de colector de PVC tipo SN4 de 315 mm soterrado en gavia escavado sobre cama de area, ata a conexión aos pozos.