O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que durante os próximos meses levará a cabo un club de lectura na Biblioteca Municipal de Salvaterra. Este espazo busca así ofertar actividades para tódalas idades e continuar atendendendo ás demandas dos veciños e veciñas. Cada vez son máis a persoas que se achegan ata a Biblioteca, onde no pasado mes de agosto se rexistraron más de 300 usuarios que acudiron a utilizar o servizo de préstamo de libros, facer consultas ou estudar. Agora lanza un Club de Lectura no que poderá participar calquera persoa interesada enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., chamando ó 637108343 ou ben acudindo ás instalacións en horario de 09:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas os sábados. A concellería de Cultura de Salvaterra continúa apostando por este espazo acorde ás necesidades dos usuarios que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise, coa adquisición de novos títulos, unha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.