Onte recibimos en Salvaterra de Miño ó grupo da parroquia de San Xorxe de Madrid que hoxe iniciaba a súa peregrinación dende o recinto amurallado de Salvaterra ata Santiago de Compostela. Un total de cen rapaces e rapazas que iniciaron o Camiño Taverneiro e que cruzaron o Miño ata a zona de Monçao e despois voltaron para dirixirse a Ponteareas. Por diante teñen sete días nos que tamén pasarán por Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Cotobade, Codeseda, Souto de Vea e rematarán en Santiago. O Camiño Taverneiro que deu os seus primeiros pasos como Vía Cultural da man dos concellos por onde transcorre e a Deputación de Pontevedra busca divulgar e amosar ás persoas que o realicen o gran atractivo do interior da provincia. Dende o Concello de Salvaterra de Miño desexamos os peregrinos, Bo Camiño!!!

23 07 24 Camiño Taverneiro 123 07 24 Camiño Taverneiro 2