EmpregoSalvaterra de Miño contratará a 18 persoas dentro do PROGRAMA DE ACTIVACIÓN DO EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal A través deste programa búscase reforzar os departamentos municipais e xerar emprego. O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan+ Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra, a contratación de 18 persoas por un importe de máis de 224.000,00€ para os postos de peón forestal, condutor de camión, peón de limpeza, varredor, fontaneiro, mozo recollida do lixo, oficial albanel, monitor sociocultural, informador turístico, bibliotecario e cobrador que se irán incorporando a partires do mes de abril. Con este tipo de programas e de contratacións búscase xerar emprego e por outra banda reforzar os diferentes departamentos municipais como poden ser obras, turismo e cultura.