O CONCELLO DE SALVATERRA OFRECE AXUDA NA TRAMITACIÓN DO REXISTRO DE EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS PARA COMPRA DE AVES DE AUTOCONSUMO

ImportanteO Concello de Salvaterra de Miño informa a tódolos veciños e veciñas que precisen tramitar o Rexistro de Inscripción de exemplares avícolas de autoconsumo que poderán facelo directamente na Oficina Agraria de Ponteareas, sempre con cita previa no teléfono 886 110 541, ou ben no propio Concello de Salvaterra, na ventanilla, onde se axudará a todas aquelas persoas que o precisen. Será un servizo de atención á veciñanza para axudarlles na tramitación da inscrición dos seus exemplares avícolas onde deberán aportar o DNI e a referencia catastral da parcela onde se atopa a instalación. Recordamos que en Galicia hai un gran número de explotacións avícolas de autoconsumo, corráis avícolas de carácter familiar que manteñen aves de especies como galiñas, patos, pavos, pintadas, gansos, codornices, faisáns, perdices ou pombas. Deste xeito, o Concello de Salvaterra de Miño ofrece axuda na tramitación nunha medida descoñecida para os veciños e veciñas.