O PLENO DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO VEN DE APROBAR A DECLARACIÓN DE ESPECIAL INTERESE E UTILIDADE MUNICIPAL, POR CONCORRER CIRCUNSTANCIAS DE FOMENTO DE EMPREGO Á OBRA DE CONSTRUCIÓN DE NAVE INDUSTRIAL DE ALMACENAMENTO DE FRINSA NA PLISAN.

O pasado luns aprobábase en Pleno a solicitude de declaración de especial interese e utilidade municipal por fomento de emprego, solicitada pola empresa Frinsa, que comezará as obras para instalarse na PLISAN antes de finalizar o ano. Esta declaración ven vencellada ao Plan de Creación de Emprego que presenta a empresa, e no cal comprométense a creación de 22 empregos para desenrolar a actividade de almacén e zona de expedición.

Este grupo de goberno ten un compromiso firme por fixar o texido empresarial do noso municipio, é por ese motivo que Salvaterra de Miño é Concello Emprendedor. Unha aposta polas rebaixas fiscais no ICIO, IAE e IBI para aquelas empresas que queiran invertir no Concello e creen emprego.

02 08 23 PLISAN