Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 14 de xullo ao 14 de agosto de 2023, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org

Axuda Libros