O Alcalde de Monçao e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño preparan a candidatura da Eurocidade Monçao-Salvaterra  para de concorrer a fondos europeos para a cooperación e o desenvolvemento.

O obxecto prioritario deste proxecto é consolidar un marco de cooperación transfronteirizo que facilite a integración dos territorios raianos mediante un conxunto de accións destinadas a rexeneración de sinerxias na xestión local de espazos transfronteirizos a través da cooperación.

Os obxectivos específicos serán fomentar un crecemento sostible que mellore a calidade de vida e a cohesión social da cidadanía, impulsar unha axenda cultural e deportiva común, crear instrumentos de centralización da información do territorio cun espazo web de referencia para a cidadanía da Eurocidade, optimizar os equipamentos e servizos públicos mediante a xestión compartida, crear unha tarxeta intelixente do Eurocidadano Transfronteirizo e a posta en valor e promoción da Eurocidade Termal.

Eurocidade