O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar na Sesión Plenaria  deste pasado luns, a bolsa de subvencións nominativas para as distintas Asociacións Culturais, Entidades Deportivas e Deportistas de Alto Rendemento para este ano 2023.

É de recoñecer a gran labor cultural que fan as distintas asociacións e a saúde deportiva da que goza Salvaterra, por iso dende o Concello consideramos moi importante chegar unha liña de axudas económicas que lles permitan acadar parte dos seus obxectivos.

Somos conscientes das dificultades económicas polas que atravesa a sociedade, máis se cabe nunha era Postpandémica, por iso estamos seguros de que os máis de 120.000€ investidos nestas Asociacións, Entidades Deportivas e Deportistas, suporán un incremento das posibilidades e unha motivación extra para que poidan seguir continuando coas súas prácticas que nos enchen de orgullo e admiración a todos os veciños e veciñas da nosa localidade.

Tamén sabemos que toda axuda é precisa, por iso dende  O Concello seguiremos traballando para tratar de mellorar as condicións das distintas entidades e equipamentos.

SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS 2023