FALAREDES

A Biblioteca municipal de Salvaterra presenta "As Armadanzas", un proxecto realizado para o repositorio Tece Redes en galego, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 21-22 en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte.

O mércores, día 23 de novembro, na Casa do Viño, de 17:30 a 18:30, teremos un obradoiro de baile, baseado na tradición actualizada e teatralizada.

Os asistentes van divertirse bailando e cantando en galego pezas do repertorio tradicional da nosa terra. Os temas que forman parte desta proposta son todos eles recollidos de persoas maiores polas aldeas de Galicia, eran as cantigas, os bailes e xogos que lles aprenderan os seus maiores e cos que se divertían facendo máis levadeira a súa vida cotiá. Hoxe voltan á vida da man das Armadanzas Participade é para tódolos públicos.

Vémonos o mércores.

Armadanzas