canceladoA Asociación Cutural Quinta do Piñeiro en Corzáns, Salvaterra de Miño ven de aprazar a festa da esfollada e recollida do millo debido as inclemencias meterolóxicas. Dita festa levarase a cabo se o tempo o permite o vindeiro día 6 de novembro. Dende a asociación lamentan que o mal tempo lles impida celebrar a festa na data sinalada, pero din que na nova data será o mesmo cartel. Estára o grupo Naiama, tamén Pédëpôte e Son das tabernas rematará con un día de troula; así mesmo, tamen haberá animación infantil e a charla e a queimada a cargo de Romer. Para finalizar, os membros da asociación recordan que haberá comida todo o día e que o magosto é gratuito.