O SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ REACTIVASE A PARTIRES DO 3 DE OUTUBRO

Reactívase o servizo de atención temperá en Salvaterra de Miño, dentro do plan de intervención agrupado xunto cos otros dous concellos participantes no convenio, Arbo e Crecente e, despois do parón que nos vemos obrigados a ter, con moitas complicacións ademáis para a súa reactivación ao noso pesar, polas entre outras tremendas dificultades de atopar algúns d@s profesionais que son requiridos.

A unidade, integrada na rede galega de atención temperá, estará formada por un equipo especializado composto por tres profesionais das ramas de psicoloxía, terapia ocupacional e logopedia.

Con vistas agora xa a un proxecto a longo prazo e nas instalacións do baixo do edificio do xulgado de Paz (antigua escola infantil), axeitadas para prestar este servicio tan importante como é o de proporcionar atención a menores de 0 a 6 años con necesidades, así como ás súas familias e entorno.

@s menores deberán vir derivados do Sergas e no caso de Salvaterra, o servicio estará operativo nas instalacións mencionadas os martes e xoves de 8.00 a 18.30 h.

AtencionTempera