No mes de setembro o Concello de Salvaterra de Miño retoma as actividades para maiores no Centro Social do Maior en Leirado, e amplía actividades no centro da vila.
A partir do 26 de setembro retomaranse as actividades de memoria, ximnasia, pilates e pintura en Leirado.
En Salvaterra ofertarase para maiores memoria e novas tecnoloxías, que se realizarán na Biblioteca municipal. Ademáis crearase un taller de teatro.
No que queda de ano tamén se realizarán cos maiores do municipio dúas excursións, unha a O Grove e outra a Santiago de Compostela.
Para inscribirse a través do mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 986.221.218