PresentaciónComo é costume en cada mes de agosto, o Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar a programación do seu tradicional “VERÁN CULTURAL”, e que este ano ven con máis folgos que nunca gracias a saída da crise sanitaria, que tanto afectou ao longo destes últimos dous anos.

 

Se ven é certo que todavía cómpre ser prudentes e responsables coa COVID, tamén o é que os veciños, veciñas e os visitantes de Salvaterra agardan con ansia as festividades propias da temporada estival que tanto éxito teñen e que son seña de identidade do Concello Salvaterrense, onde a parte da programación diaria destacamos festivais consolidados como son O Mundo a Dançar ou o Son da Muralla, o maior Festival DJ ao aire libre de Galicia, ademais de poder desfrutar da mellor música dos 60, 70 e 80 no Guateque.

 

Do 1 ao 28 de agosto deste  2022 ,  a programación é a seguinte:

  • Luns 1: O MUNDO A DANZAR
  • Xoves 4: FESTIVAL DE BANDAS
  • VENRES 5: FESTIVAL FOLCLÓRICO A.C PONTENOVA
  • SÁBADO 6: O SON DA MURALLA
  • MARTES 9: BAILE MODERNO
  • MÉRCORES 10: FESTIVIDADE DE SAN LOURENZO
  • XOVES 11: CINE INFANTIL
  • VENRES 12: CINE INFANTIL
  • SÁBADO 13: IMOS DE GUATEQUE
  • MÉRCORES 17: FESTA DA ESPUMA E HINCHABLES
  • XOVES 18: CONCERTO INFANTIL “PAKOLAS”
  • VENRES 19: GALICIA ILUSIONA
  • Do 22 ao 26 CATAS COMENTADAS
  • 25,26 e 27 TUNEL DO VIÑO

E como broche de ouro esta programación rematará os días 26,27 e 28 coa LXIII FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA

  • Venres 26: Inauguración, con concertos de “ VOCES DO ARRIEIRO”, “QUINKALLADA” e “OS VACALOURAS”.
  • Sábado 27: Concertos de “ XISCO FEIJOÓ”, e “LUCÍA PÉREZ”.
  • Domingo 28: Concertos de “ALMUDENA LAMORA E ADRIÁN PÉREZ” e “AMNESIA”.

Agardámosvos en Salvaterra todo o mes de agosto!!!