Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves poñen en marcha conxuntamente o programa integral Mulleres.

-      O Programa Mulleres é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de igualdade que obtivo a puntuación máis alta de Galicia no Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, que financia as intervencións.

-        As actuacións de formación e asesoramento psicolóxico, kurídico e laboral están centradas no emprego, a autoestima, o benestar, os coidados de corpo e mente, a prevención da violencia, os dereitos das mulleres e o acceso á tecnoloxía.

15 de xullo de 2022

O Programa Mulleres é unha iniciativa de atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Os concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves, nun exercicio de cooperación institucional exemplar, deseñaron este Programa no marco da convocatoria da Xunta de Galicia, que financia as actuacións a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concretamente da Secretaría Xeral de Igualdade.

Mulleres chega nun momento de dificultades e desafíos sociais e económicos para a zona, e presenta as políticas públicas de igualdade como elemento nuclear e imprescindible para a recuperación despois de anos complicados.

As actividades e accións do Programa compleméntanse con asesoramento especializado, elaboración de itinerarios de inserción laboral e con visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.

Co Porgrama preténdese establecer unha diagnose sobre a situación social, laboral e económica con perspectiva de xénero e aplicando indicadores de participación política, cultural, deportiva, asociativa ou de saúde. Mediante actividades formativas e obradoiros realizaranse intervencións sobre aspectos cognitivos emancipadores, centrados na autoestima, nos coidados do corpo e mente, na nutrición ou no exercicio físico, que contribúan a que as participantes definan o seu proxecto persoal. Tamén se realizará formación específica con perspectiva de xénero en determinadas áreas e que se vertebrará a través de obradoiros e debate en Cinema Forum. Entre outros factores, abordarase a idade, a discapacidade, e a situación como coidadoras ou a situación laboral.

As mulleres serán as protagonistas absolutas dos Obradoiros, que tamén serán impartidos por outras mulleres, profesionais nas áreas do dereito, a psicoloxía, a educación física e deportiva, na saúde, a tecnoloxía e na cultura e a arte, todas con perspectiva de xénero. Os obradoiros abordarán a autoestima e benestar con perspectiva de xénero, o recoñecemento das mulleres, a saúde e activación do corpo e mente, os dereitos das mulleres, a violencia de xénero, o xénero e discapacidade, a idade, o cinema, a arte e o emprego a través de formación e inserción, intereses ocupacionais, acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e manexo da tecnoloxía e as redes sociais.

Durará ata o 30 de setembro e as actividades se desenvolverán nas instalacións públicas dos 3 concellos.

 

PROGRAMA MULLERES CONCELLLOS Page 1PROGRAMA MULLERES CONCELLLOS Page 2