PremiosEducación

Este martes ás 12.00h, no salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño,  farase entrega dos Premios de Educación 2021/2022

XVII CONVOCATORIA “ PREMIOS EDUCACIÓN. CURSO 2021/2022 que inclúe 3 viaxes ao Reino Unido e 14 lotes informáticos.

Os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes.  Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na procura de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábito que marcará o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais. Nese sentido e se cadra, agora máis ca nunca tendo en conta a situación que continuamos a vivir e a importancia que se cabe áinda máis haberemos de outorgalle a valores como os que este tipo de convocatorias pretende incentivar tales como o esforzo, loita, superación…, neste mundo cada vez máis difícil, competitivo e incerto, consideramos necesario continuar mantendo estas iniciativas e convocatorias e este ano coa satisfacción de poder recuperar as bolsas ao estranxeiro, que nas dúas últimas edicións houberon de ser substituídas en virtude da situación de pandemia mundial que nos tocou vivir.

….("Salvaterra foi  un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica". Así, "dende hai máis de quince anos premia o esforzo d@s estudantes do seu municipio". )….

Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra: CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, en todos os seus finais de etapa establecéndose como premios:

por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unhaTablet con funda e memoria micro SD 64gb, para @s alumn@s do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO do IES Salvaterra así como para @s alumn@s de 6ª de Primaria do CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares.

Ademais este ano nos atopamos profundamente contentos de poder retomar as  tres bolsas de estudos que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido durante o verán, na localidade de Worthing (costa sur do país) ao obxecto entre outros de perfeccionar a lingua inglesa así como a inmersión na cultura e que inclúe: viaxe de ida e volta en vós directos dende Galicia, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros…, para o alumnado de 2º de Bacharelato.

A entrega dos mencionados premios terá lugar o vindeiro martes 5 de xullo ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello estando emprazad@s tod@s @s premiad@s así como aquelas persoas que @s queiran acompañar.