A Oficina de Turismo situada no parque da Canuda consolida a boa acollida dos seus servizos entre veciños e visitantes.

Esta nova Oficina de Turismo xunto ao parque público A Canuda, inaugurada no mes de agosto de 2021 e situada nun punto estratéxico da nosa vila, atende tanto as demandas que solicitan os/as usuarios/as do servizo gratuíto de bicicletas como os/as turistas que se achegan a buscar información turística sobre o noso concello de Salvaterra de Miño. Esta iniciativa de servizo gratuíto de bicicletas é exclusivo en Galicia e está moi valorado entre os/as usuarios/as que, na súa maioría son salvaterrenses e vigueses. A Semana Santa fíxose notar nesta Oficina xa que soamentes no mes de abril recibíronse 657 consultas, cifra que soamente corresponde aos sábados, domingos e festivos.

Debido á demanda de todos os usuarios, esta Oficina é a única do Condado-Paradanta aberta durante todo este ano e permanecerá aberta durante o mes de xuño cos mesmos horarios:

O horario da Oficina de Turismo é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h.

O horario do servizo gratuíto de bicicletas é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 13.30h e de 16.00 a 19.00h.

Festivos de xuño: luns día 13 e venres 24.

Para máis información diríxete ao teléfono 699.090.991 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

OficinaTurismo