O Concello de Salvaterra de Miño empeza coas obras de restauración do Cruceiro das Arras, en Cabreira – Salvaterra de Miño,  realizadas ao abeiro da subvención da Deputación Provincial para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico – cultural dos concellos da provincia . Un cruceiro catalogado como Ben de Interese Cultural de Galicia segundo o establecido na disposición adicional primeira da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia.

As obras consisten na recolocación da base o muro perimetral do cruceiro, que se encontraba en mal estado e a limpeza do cruceiro mediante o cepillado manual para a eliminación de liquens e a suciedade superficial.

CruceiroArras