Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Case duascentas persoas visitaron, no pasado mes de abril, as súas punteiras e interactivas instalacións tras a ampliación de horarios de atención ó público e o establecemento de visitas  audioguiadas. En prol dunha maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo as visitas realízanse, nestes momentos, mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, información dos principais recursos turísticos do municipio.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó museo reflicte o gran interese que o turismo enolóxico está a espertar na xente que ven a coñecer o noso territorio. É polo tanto, o enoturismo, un eixe dinamizador da nosa economía local, da nosa gastronomía, do noso patrimonio e da nosa tradición. Unha proposta capaz de xerar redes invisibles de valor engadido.

Os días de apertura ó público do Museo da Ciencia do Viño do Condado son de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas ou aqueles que desexen unha visita guiada.

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Museo

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia