Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño organiza a través da Biblioteca Municipal unha actividade para os máis cativos, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Florencio Delgado.

A través dun divertido xogo por equipos os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano, Florencio Delgado

A actividade realizarase o próximo mércores 18 de maio ás 18.00 horas no recinto Amurallado. Para participar recomendase inscribirse no teléfono 637 108 343 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

LetrasGalegas22