Salvaterra de Miño posúe dentro de todo o seu patrimonio cultural, belezas singulares con nome propio nun marco de natureza que fai das súas fronteiras unha zona moi visitada por numerosos visitantes cada ano.

Se ben se atopa nese espazo tan privilexiado como é a Raia, Salvaterra de Miño conta cun parque sensacional al carón do Río Miño cheo de posibilidades tanto lúdicas coma saudables, ademais de achegar ás familias a un contacto directo coa biodiversidade animal, vexetal e fluvial.

É por todo iso que o Parque da Canuda é un dos orgullos do pobo de Salvaterra e que semanalmente, especialmente os sábados e domingos, recibe a visita de numerosos visitantes de toda Galicia e tamén da veciña Portugal.

Para potenciar as posibilidades que ofrece un parque coma este, O Concello de Salvaterra de Miño propón unha serie de actividades dinamizadoras para facer en familia, e que nos pon directamente en contacto coa natureza e co mundo animal e vexetal que existe en toda a contorna.

Ao mesmo tempo, estas actividades axudarán a coñecer hábitos de interese xeral para interactuar coa natureza e sacarlle o mellor partido posible resultando o menos agresivo posible e poder gozar dun xeito seguro e responsable.

“Cómo reducir o plástico no día a día”, “Coñecendo as aves e taller de caixas niño”, “A biodiversidade no Río Miño”, “Obradoiro de horta e hotel de insectos”, “Biodiversidade no Parque de A Canuda” e “Iniciación da fotografía de natureza”, son as diferentes actividades que albergará o Parque da Canuda entre os sábados 7, 14 e 21 de Maio.

Para facer a inscrición a estas actividades cómpre mandar un correo electrónico á seguinte dirección: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. a partires do 20 de abril.

ActividadesEnFamilia