ARRANCAN AS OBRAS DE SANEAMENTO EN POZA, ARRAS E MONTE DA BOUZA, NA PARROQUIA DE CABREIRA

Este grupo de goberno ven facendo nos últimos anos un forte esforzo inversor para mellorar e ampliar a rede de saneamento, e dentro desta liña de traballo, o Concello de Salvaterra ven de iniciar as obras de saneamento nos barrios da Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreira por un importe superior aos 43.000,00€ a través do Plan Concellos da Deputación Provincial.

As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as actuacións complementarias: escavacións, pozos e reposicións.

En total executaranse 436 metros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra.

Nos puntos necesarios, tales como cambios de dirección, conexións con outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias, instalaranse pozos de rexistro, que facilitarán tamén as labores de limpeza dos colectores.

IMG 20220419 WA0002IMG 20220419 WA0003IMG 20220419 WA0004IMG 20220419 WA0005