Museo

O MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO DE SALVATERRA DE MIÑO ANUNCIA OS SEUS NOVOS HORARIOS A PARTIR DO MES DE ABRIL

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, anuncia os seus  novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos a partir do mes de abril.

O turismo enolóxico estase convertendo en Galicia nun dos principais reclamos turísticos da comunidade xa que outorga unha experiencia orixinal ao englobar infinidade de actividades complementarias arredor do mundo do viño: é o caso da gastronomía, da cultura, do patrimonio ou da tradición,  capaces de xerar redes invisibles de valor engadido.

Así, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Por outra banda, camiña co obxecto de potenciar a riqueza existente da zona vinícola na que está asentado e formar un destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Os días de apertura ó público incrementaranse respecto a tempadas anteriores, así o museo acollerá visitantes de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h. Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas.

As reservas para grupo deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.