Un ano máis, debido á evolución do Covid 19 no noso Concello, non poderemos ver ás súas maxestades pasear polas nosas rúas.

Dende O Concello queremos que a maxia do nadal non se perda e que a ilusión siga vivindo n@s máis pequen@s, polo que os reis chegarán ás casas de todo aquel neno ou nena de Salvaterra que o solicite a través de videochamada.

Para que as Súas Maxestades vos fagan unha videochamada tan só teredes que chamar do día 14 de decembro ao 2 de xaneiro no horario de 7:30 h. – 13:30 h., ao teléfono 604072771 e daranvos as indicacións para rexistrarvos e solicitar a vosa cita cos reis.

FELICES FESTAS!!!

video chamada cos reis magos