O Concello de Salvaterra, a través das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, ven de iniciar as obras de rehabilitación e consolidación do Palco da Música de San Roque en Leirado, que a través da súa liña II financian obras de rehabilitación en palcos de música, co fin de acondicionar, rehabilitar ou substituír parcial ou totalmente aqueles elementos tradicionais que forman parte deles e estén en estado de deterioro.

Este palco sitúase no largo que acompaña a capela de San Roque, nunha zona onde o Concello está realizando unha actuación integral, coa rehabilitación do antiguo consultorio médico que se converteu no Centro Social do Maior, a creación de beirarrúas na estrada autonómica no contorno do cruce e co próximo inicio das obras de humanización da EP-4006 (tramo antiguo) que dará un xiro total a contorna de San Roque.

O palco foi donado polos filántropos Jesús Valiño García e José González Prieto no ano 1953. Conta cunha cuberta piramidal con dobre faldón que está soportado por pes de pequeña sección que agora mesmo se encontra nunha situación de deterioro avanzado, polo cal o Concello realiza o proxecto de consolidación e comeza coa tramitación dos permisos a patrimonio e neste momento as obras co fin de rezorzar e asegurar o edificio catalogado, así como mellorar a conservación da edificación. A singularidade deste palco está motivada polas distintas etapas da súa contrución e reformas posteriores.

PalcoLeirado