DiaViolencia21O Concello de Salvaterra de Miño organiza diversas accións con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, baixo o lema “O amor non Golepa, Acariña!”, o lema do slogan ganador do ano pasado no Concurso contra a violencia de xénero organizado co alumnado do IES Salvaterra.

Dende o Concello queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres, mostrando, ademáis, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia, e por ese motivo CONVOCAMOS A UNHA CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO O DÍA 25 ÁS 12.00H A TODA A VECIÑANZA.

Co fin de facer máis visible esta loita durante esta semana o balcón do concello lucirá de cor violeta.

A través do Programa de Educación e Intervención Familiar do Departamento de Servicios Sociais, dentro da súa campaña en prol da loita contra esa lacra que nos asola como é a violencia de Xénero e, entre as distintas accións con carácter preventivo e educativo que se levan a cabo, convoca un ano máis (XI edición xa), un Concurso de lemas ou slogans dirixido ao alumnado do IES de Salvaterra, co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo fundamentalmente valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia machista.

Téntase con elo promover un cambio de mentalidade, transmitindo outros valores e co fin de erradicar a violencia de xénero.

O proxecto consiste en confeccionar material, entre outros uns marcapáxinas que logo se difundirán entre os máis novos e que conteñen o lema ou slogan gañador do concurso ademáis dalgúns números de teléfono e enderezos dalgūns dos recursos que existen para abordar o problema. A idea xurdiu e mantívose porque enténdese que, ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil, tén unha perdurabilidade no tempo mantendo a vixencia da mensaxe así coma dos recursos.

O Concello leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia a fin de que, dende idades tempranas, se establezan as bases para relacións sans e saudables porque eles, son o noso futuro.

Asimesmo na actualidade trabállase tamén coa subvención do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade, Goberno d España, creado específicamente para esta causa e en virtude da cal, ao longo deste ano e o vindeiro, desenvolveranse distintas accións.

Igualmente en numerosas ocasións conmemóranse tamėn outras datas como por exemplo o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tratando en todos os casos de reforzar a igualdade, aspecto que se considera clave e cuya ausencia atòpase na base de situacións de violencia de xėnero. Para este vindeiro ano precisamente preténdese levar a cabo unha certame que traballe asimesmo este aspecto tan clave e esencial da igualdade, implicando aos xóvenes a través dos novos medios e tecnoloxías.

En todo momento se trata que, na medida do posible, sexan accións cunha finalidade que perdure no tempo, posto que o problema que nos ocupa por desgracia, aparece en calquera momento

Por desgracia ademáis atopàmonos nun momento de pandemia na que este tipo de accións cobran incluso maior importancia. Situacións de crise como a actual, emerxencias sanitarias, sociais, restriccións, confinamentos… así como todo o que isto trae asociado, conleva estrés engadido, precariedade económica, social, acentúansen os problemas na convivencia… e, desgraciadamente tamén, se está comprobando que garda relación cun incremento da vulnerabilidade para situacións varias, entre elas as de violencia de xénero. O problema que nos ocupa tėn repuntado e especialmente nos últimos meses. É por todo elo que dende TODOS os recursos debemos reforzar o traballo en aras dunha maior e mellor prevención, sensibilización, detección, atención así como protección frente a esta outra pandemia mundial como é, a violencia contra as mulleres.

Só cabe esperar que nun futuro, o máis perto posible e, gracias tamén a accións de educación e concienciación como as que se tratan, este tipo de violencia quede completamente erradicada e non teña cabida nesta nosa sociedade, da cal todos formamos parte.

Dende esta Corporación nesa loita nos atopamos e, seguiremos a reo namentres s¡ga sendo necesario.

Concello21