NotaPrensaO Concello de Salvaterra de Miño e a Asociación Estatal de Karavaning PEKA invitan a todas as persoas usuarias de vehículos vivenda a participar da inauguración oficial da área realizada polo Concello nas inmediacións do Parque Público A Canuda o próximo sábado 20 de novembro ás 12.00h.

Con este tipo de inversións o Concello de Salvaterra de Miño fai unha aposta clara polo turismo de vehículos vivenda que axudarán a dinamizar aínda máis se cabe o turismo da Vila, nunha contorna privilexiada como é o Parque A Canuda, unha das zonas verdes máis grandes de Galicia