Os “skaters” e os amantes do BMX están de noraboa en Salvaterra de Miño. O Concello ven de instalar unhas plataformas de “ freestyle” que, xunto co foso, constitúen unha zona de ocio e diversión para estes deportistas atrevidos.

O obxectivo non é outro que enriquecer a zona e adaptala ás necesidades destas emocionantes e valentes modalidades deportivas, onde os saltos, deslizamentos e demais acrobacias espectaculares están aseguradas con estes novos elementos; para iso se colocaron estas rampas aerodinámicas, que farán dos impulsos e velocidade o seus exes principal para levar a cabo esas acrobacias no aire ou sobre a varanda dunha delas.

Deste xeito amplíase a oferta deportiva do Parque de A Canuda, non sin antes lembrar aos usuarios e usuarias da mesma, da necesidade de facer este tipo de deportes coa seguridade oportuna, engadindo que, o casco, os protectores de xeonllos e as cóbadas son elementos fundamentais para a boa práctica.

IMG 20211105 WA0004IMG 20211105 WA0008IMG 20211105 WA0015