ANUNCIO

OBRADOIRO DE EMPREGO SUSTENTABLE

Emprego

 

O Obradoiro de Emprego que se vai realizar contará coas seguintes especialidades:

 

Nivel 2: (SEAG0209) LIMPIEZA EN ESPACIOS ABERTOS E INSTALACIONS INDUSTRIALES e (SEAG0108) XESTION DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIALES

 

Nivel1: (AGAR0309) ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. (AGAJ0108) ACTIVIDADES AUXILIARES EN XARDINS E CENTROS DE XARDINERÍA e (AGAR0209) ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTALES

 

Os requisitos que hai que cumprir para poder participar como alumno/a-traballador/a neste Obradoiro serán os seguintes:

- Estar dado de alta na oficina de emprego de O Porriño ou na de Ponteareas, dependendo do concello de residencia, como demandante de formación nas ditas especialidades.

- Para os certificados de (SEAG0209) LIMPIEZA EN ESPACIOS ABERTOS E INSTALACIONS INDUSTRIALES e (SEAG0108) XESTION DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIALES que se imparten xuntos, é preciso ter a formación para acceder a especialidade de Nivel 2 (Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou Certificado de profesionalidade de nivel 2 ou Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos ou ter as competencias clave necesarias, de acordo có recollido no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento á formación correspondente ao certificado de profesionalidade).

-Os colectivos con máis dificultade na inserción laboral terán prioridade.

As persoas que estean interesadas terán que inscribirse na Oficina de emprego de O Porriño e na oficina de Ponteareas solicitando cita previa.

O alumnado traballador percibe un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses.

 

INSCRICIÓNS OBRADOIRO DE EMPREGO SUSTENTABLE

(CONCELLOS DE SALCEDA DE CASELAS E SALVATERRA DE MIÑO)

Para inscribirse como interesado para participar no Obradoiro pode facelo de diversos xeitos:

1.- Oficina de Emprego

2.- No concello a través do modelo de solicitude e previo rexistro

3.- No seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1svfdjNPAbFd_PDcXVEVS8QzGAURy2PvhiFmUznNCEsI/viewform?edit_requested=true 

iconoWORDModelo de solicitude