Un ano máis a Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias a través do programa de dinamización da lectura “ler conta moito”.

As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de  outubro  diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.

Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e  obradoiros que perseguen dunha maneira lúdica chegar ao maior número de nenos e nenas, un programa enfocado a fomentar o hábito da lectura.

Por segundo ano consecutivo, e despois do éxito acadado o ano pasado a pesares da situación sanitaria, as actividades de dinamización á lectura dan un salto ás diferentes parroquias que conforman o noso Concello, e que poden ter máis difícil acceder dun xeito habitual á biblioteca municipal.

As actividades están dirixidas a nenas e nenos maiores de 7 anos, e serán con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Biblioteca Viaxeira