O PLENO DA CORPORACIÓN APROBA INICIALMENTO O PROXECTO DE EXPROPIACIÓN PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “URBANIZACIÓN DA RÚA GALICIA”

Este luns o Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar no Pleno da Corporación a aprobación inicial do Proxecto de Expropiación para a execución da obra “Urbanización da rúa Galicia” polo procedemento de Taxación Conxunta, despois da aprobación definitiva por  acordo da Xunta de Goberno Local do Proxecto de Urbanización da rúa Galicia.

O proxecto de urbanización da rúa Galicia artella o viario de conformidade co previsto nas Normas Subsidiarias vixentes e desenvolve unha actuación fundamental do viario do municipio, co fin de dar continuidade á Rúa Galicia entre a Rúa Curros Enríquez e a Rúa Castelao, dotándoa de tódolos servicios públicos necesarios para o futuro desenvolvemento urbanístico das súas marxes.

Unha vez aprobado o proxecto de urbanización o seguinte paso é aprobar o proxecto de expropiación, que será sometido a información pública polo prazo dun mes, e que ten como obxecto desenvolver o documento técnico que define o procedemento de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos ao proxecto de urbanización da rúa Galicia, unha expropiación valorada en case 270.000,00€

Rua de Galicia. Salvaterra de MIno