HogueraO Pleno do Concello aprobou a finais do 2019 a adhesión ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

En base a este convenio elaborase por parte da Consellería do Medio Rural o Plan municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Salvaterra de Miño que se aprobou provisionalmente  no día de hoxe e que estará durante un prazo de vinte días hábiles a exposición pública para a presentación de reclamacións e alegacións.

Neste documento determínanse as faixas secundarias de xestión de biomasa, segundo establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nunha franxa de 50 metros:

A.   Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

B.   Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.

C.   Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

 

D.   Nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade inmediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia foresta.

O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO APROBA INICIALMENTE O SEU PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

 

 

O Pleno do Concello aprobou a finais do 2019 a adhesión ao Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

 

En base a este convenio elaborase por parte da Consellería do Medio Rural o Plan municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Salvaterra de Miño que se aprobou provisionalmente  no día de hoxe e que estará durante un prazo de vinte días hábiles a exposición pública para a presentación de reclamacións e alegacións.

 

Neste documento determínanse as faixas secundarias de xestión de biomasa, segundo establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nunha franxa de 50 metros:

  1. Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
  2. Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
  3. Arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.
  4. Nunha faixa perimetral de 50 metros arredor das novas instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais e as vivendas vinculadas a estas, así como as novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou de influencia forestal, non teñan continuidade inmediata coa trama urbana e que sexan estremeiras con monte ou con zonas de influencia foresta.