Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Esta semana asinábase  dentro do antigo edificio do Concello de Salvaterra de Miño, por parte da Xunta de Galicia e os técnicos, a acta de replanteo da obra de rehabilitación para a creación da nova Biblioteca Pública, que comezará en breve.

Esta obra executarase a través do “Plan Hurbe” 2019-2020  da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o Concello de Salvaterra de Miño que fará a súa aportación a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun prazo de execución de 9 meses.

As obras principais serán o acondicionamento do espazo interior da antiga edificación do Concello, dotando ao edificio de todas as esixencias coa demolición e creación de novas escaleiras, a instalación dun ascensor, substitución do forxado da primeira planta e do pavimento,  dos revestimentos actuais, tabiquería divisoria  e do falso teito que permitirá crear un espazo dinámico e adaptado as necesidades actuais da poboación do municipio.

A  biblioteca pretende dar resposta á nova demanda, creando unha zona específica para os máis cativos na primeira planta que permitirá adaptar as actividades que se realizan dun xeito máis dinámico e interactivo cos nenos e nenas a través de obradoiros e outras actividades.  Nesa mesma planta irá ubicada a zona de consulta tanto de libros como de informática.  O segundo andar estará reservado a zona de estudo e contará cunha sala independente que permita preparar presentacións e traballos en grupo.

NovaBiblioteca

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia