Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

ObrasA XUNTA DE GOBERNO LOCAL VEN DE APROBAR O INICIO DO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN DE DIVERSAS OBRAS A TRAVÉS DO PLAN CONCELLOS

O Equipo de Goberno, a través da Xunta de Goberno do día 22/10/2020, ven de aprobar o inicio do procedemento de contratación de diversas obras, que se realizarán a través do Plan Concellos  da Deputación de Pontevedra.

Tres proxectos, dous de pavimentación e un de saneamento

“Mellora da pavimentación en Costa (Oleiros) e Arantei-Entenza”: As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación de dous camiños municipais, un deles no lugar de A Costa na parroquia de Oleiros, e outro que conecta a parroquia de Arantei ata o límite do concello coa parroquia de Entenza en Salceda de Caselas. Para a pavimentación definitiva estenderase e compactarase unha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf 50/70 D, en total máis de 4.800m2

“Pavimentación en Chan da Igrexa (Pesqueiras) e Cotodouro-Gandarachán (Alxén): As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora dos camiños en Chan da Igrexa na parroquia de Pesqueiras e outro entre os barrios de Cotodouro e Gandarachán na parroquia de Alxén. A actuación consiste na limpeza de marxes, apertura de cunetas para despois estender e compactar unha capa de 5cm de espesor de mestura bituminosa en quente tipo AC16Surf50/70D en máis de 4.650m2.

“Saneamento en Lodeiro (Salvaterra), Martín (Fornelos) e Poza e Cerdeiral (Cabreira): As obras incluídas neste proxecto consisten na construción de varios tramos de colector de saneamento no lugar de Lodeiro en Salvaterra, Martín en Fornelos e Poza e Cerdeiral na parroquia de Cabreira, co fin de ir ampliando a rede municipal. As obras consisten na canalización de  627 metros de  tuberías de PVC de 250mm de diámetro  destinadas á rede de saneamento, incluíndo todas as actuación complementarias como escavación, pozos e reposicións

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia