Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

feder xunta

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, e o 1º Tte de Alcalde e Concelleiro de Medio Ambiente, Ernesto Groba González, reuníronse coa empresa INOVA LABS que está elaborando o Plan de Acción polo Clima e Enerxía Sostible (PACES) para o Concello.

Este Plan está financiado pola Consellería de Medio Ambiente a través da orde do 5 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto de Alcaldías para o clima e a enerxía sostible, cofinanciadas polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Un dos compromisos que adquiren os Concellos que se incorporan oficialmente ao Pacto de Alcaldías é a elaborar o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible nun prazo de dous anos. Este plan de acción describe os pasos que deben darse cara os seus obxectivos do 2020 ao 2030, e que ten como fin reducir un 40% as emisións, e que o Concello aprobará antes do 30 de novembro deste ano.

Este Plan incluirá por un lado un Inventario de emisións, tomando como referencia o ano 2018, e as accións de mitigación. Por outro lado unha análise de riscos e vulnerabilidade e as accións de adaptación. Unha vez aprobado, e para avaliar os resultados o Concello terá que presentar un Informe de Seguimento cada dous anos. Cada catro anos actualizarase o inventario de emisións para ver o progreso en relación coa mitigación das emisións e o consumo de enerxía.

EnerxiaSostible

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia