A Alcaldesa de Salvaterra de Mińo Marta Valcárcel Gómez e o Concelleiro de Deporte e Xuventude, Edgar Martínez Philippon, veńen de recibir no Concello a xove promesa do bádminton Lucía Rodríguez García, a poucos días do Campionato de Europa Junior que se disputará en Finlandia entre o 29 de outubro ao 7 de novembro.

Unha mańá onde compartiron diversas impresións sobre os distintos logros da deportista, hábitos de entrenamentos e alimentación, sacrificios propios dun talento aproveitado, etc. “ Lucía é un orgullo para tod@s nós, xa que leva o nome de Salvaterra por todo o mundo logrando sempre os mellores postos en todas as competicións”, asegura a Alcaldesa.

Hai que dicir que no que vai de ano Lucía acadou numerosos éxitos de gran relevancia, como as victorias no Internacional Espańa sub 19 ou o Aberto de Bulgaria Junior 2020. Ademais tamén logrou unha dobre prata(individual e equipos) no TEM de Eslovenia e no RSL de Lituania 2020. Tamén alcanzou un tercer posto no Internacional de Hungría 2020.

Con todo este potencial, Lucía asegura que entrena cada día porque goza do bádminton, non se pon outra meta que non sexa seguir entrenando e mellorando porque queda moito por aprender, facendo latente outra das súas virtudes como é a humildade, tan importante para chegar ao éxito en calquera ámbito da vida.

En definitiva, a xove Salvaterrense é xa unha realidade que sen dúbida dará moito que falar no mundo do bádminton.

O Concello continuará esa línea de apoio a Lucía e outr@s deportistas, ademais de desexarlle moita sorte para o Europeo de Finlandia no que fará con toda seguridade un torneo maxistral.

Badminton