O Concelleiro de Deportes Edgar Martínez revisa as obras realizadas no campo de fútbol municipal de Dextros xunto ao presidente da Sociedade Deportiva Salvaterra Antonio Gándara. Obras que consistiron básicamente na mellora da acessibilidade en espazos públicos e melloras nos vestiarios e zonas comúns. Desde hoxe o Campo de Fútbol Municipal Dextros, en Salvaterra de Miño, conta con baños adaptados para persoas con mobilidade reducida.

O equipo de goberno de Salvaterra ten como unha das súas principais funcións a eliminación de barreiras e a integración de todos os seus cidadáns. Nestes últimos meses fomos adaptando a accesibilidade de algúns dos nosos edificios, así levamos a cabo a   instalación dun  salvaescaleiras da Casa da Cultura de Salvaterra e a adaptación dos baños. Pouco a pouco seguiremos traballando para facer unha localidade máis funcional para todos e todas.

foto1foto3foto2