O Concello de Salvaterra de Miño lembra que ten ao dispor das persoas maiores de 65 anos, un detector gratuíto de fume para as súas vivendas, que require un mínimo mantemento e de fácil colocación. A súa función é evitar situacións de risco de incendio e detectar de maneira rápida os fumes no interior das vivendas. Este programa comezou o ano pasado, dun convenio coa Axencia Galega de Emerxencias, dentro do programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Máisinformación chamando ao Concello de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas no teléfono 986658082.

DetectorFume