Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

Campaña de promoción do comercio local

O Concello de Salvaterra de Miño presentou onte da man das Asociación de Comerciantes Unes e   Aces, a plataforma subvencionada de apoio ao comercio local Dbarrio.com.

A intención das asociacións  e do Concello é modernizar o sector e potenciar as ventas online a domicilio de comercios e restaurantes locais.

A esta iniciativa sumáronse máis de 35 establecementos de todo tipo: xoierías, supermercados, carnicerías, zapaterías, restaurantes, tendas de informática, pinturas ou telefonía, entre outros.

O propósito de todos os sectores de comercio é ter todas as webs operativas en menos de dúas semanas e poder continuar vendendo ao marxe de futuros rebrotes do Coronavirus, nun intre no que moitos dos seus clientes prefiren saír o menos posible das súas vivendas.

Os taxistas de Salvaterra de Miño tamén se puxeron ao servicio do proxecto, axudando cos repartos dos pedidos a unhas tarifas moi competitivas. Ademais de axudar ao pequeno comercio e ás persoas  en risco coas súas compras, pensan que pode ser unha fonte extra de ingresos que tanto precisa o sector.

Dbarrio ofrece aos negocios asociados unha web de venta online con TPV e publicidade por 80€/ano. No caso de Salvaterra de Miño, este custo é asumido polo Concello na súa totalidade dentro da liña de apoio ao comercio local.

O Concello e as Asociacións de Comerciantes apostan por esta plataforma xa que se pode comprobar o éxito do seu emprego noutras localidades galegas, a súa recente expansión a outras comunidades autónomas e pola súa labor social, tanto no mencionado apoio ao comercio local coma a doazón do 5% da súa facturación ás asociacións sen ánimo de lucro elixidas polas tendas e restaurantes asociados.

Dbarrio comezou a súa actividade en Vigo, dende a que cedo colleu impulso a outras cidades galegas, como é o caso de Salvaterra De Miño, da man das asociacións de comerciantes e concellos preocupados pola situación do pequeno comercio. Tamén se atopan nesta situación concellos como Gondomar, Nigrán, Baiona, Salceda, Vimianzo… Dende Dbarrio afirman que chegaron tamén a acordos con concellos de Madrid, Catilla e León e ter moi avanzadas as negociacións con outros de Cataluña e Cantabria. Contan con máis de 8000 usuarios e 600 negocios rexistrados.

O seu obxectivo é mellorar a actividade socioeconómica dos nosos barrios, pondo en contacto aos negocios e repartidores locais con clientes solidarios que prefiren aos pequenos comercios e restaurantes locais fronte ás grandes superficies e multinacionais de venta online. Semella que o están a conseguir. Dende hoxe é máis doado mercar a domicilio en Salvaterra de Miño.

 V4A8352

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia