cursos2020

Como todos os anos comezamos os cursos de verán. Este ano máis que nunca cremos na necesidade destes, xa que en virtude da situación que estamos padecendo por mor da pandemia, dende o Concello temos a obriga de facer esta crise sanitaria máis levadeira, se cabe, permitindo alixeirar e simplificar os problemas de convivencia cun virus de esta magnitude. É por este motivo que expoñemos para este periodo estival medidas de lecer alternativo.

Cómpre subliñar tamén que as novas tecnoloxías están aquí para axudarnos e para facilitarnos ao mesmo tempo a nosa vida, de modo que agora atopamos nelas un vehículo de comunicación para poder chegar ás persoas en base ás restricións coas que contamos.

Se é posible dalgunha maneira xerar certo alivio, desviar e diversificar a atención cara as actividades máis pracenteiras que ao mesmo tempo nos permita desconectar do foco de atención do momento e descargar un pouco de estrés aos proxenitores… ese é o propósito!!

É por todo iso que agora máis que nunca desexamos ofertar estas opción que nos fagan a vida máis doada neste difícil e delicado momento.

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

 

-          DIETÉTICA

-          INGLÉS

-          FOTOGRAFÍA (Creativa e de Produto)

iconoPDFFOLLA DE INSCRICIÓNS ADULTOS

 

iconoPDFFOLLA DE INSCRICIÓNS MENORES

 

As inscricións se farán vía sede electrónica na web do concello do 22 de xullo ao 3 de agosto:    https://concellodesalvaterra.sedelectronica.gal

IMG 6555